Friday 03 de May de 2024

Incendio nas proximidades da Ponte Lubiáns, no concello de Carballo


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo recibiron ás 22:06 horas da noite de onte, xoves 11 de abril, a notificación dun incendio localizado na proximidades da Ponte Lubiáns, no municipio de Carballo.

Xa no lugar, os bombeiros efectuaron unha inspección perimetral para identificar o foco das chamas, o cal se atopou nunha morea de lixo que incluía pneumáticos, mobles e outros residuos. Logo desta intervención inicial procedeuse á extinción do lume, o cal non ocasionou ningún tipo de dano persoal nin material.

Completou o operativo a Policía Local de Carballo.